BOIRO> A Policía Local e a Garda Civil abriron unha investigación para identificar ó suposto autor ou autores dos estragos ocasionados na carpa instalada na praza de A Boqueira de A Negral para a celebración das actividades de Nadal.
Segundo informaron fontes municipais os feitos tiveron lugar na madrugada do sábado ó domingo.
Ó parecer accederon ó seu interior causando destrozos en boa parte das cadeiras empregadas para os espectáculos.
Dende o Concello rexeitan e condenan este tipo de actos que atentan contra o mobiliario urbano, que é de todos e de todas.