A Xunta inviste uns 28 mil euros na mellora de dous espazos públicos en Muros

MUROS> Xunto á alcaldesa, Inés Monteagudo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitaba esta mañá dúas das actuacións levadas a cabo neste Concello con cargo á orde de infraestruturas de uso público. En concreto trátase dun novo parque de calistenia que se instalou na rúa do Cabo e un parque infantil na zona do Castillo.

A alcaldesa muradá agradeceu o investimento realizado e aproveitou a visita do vicepresidente da Xunta para solicitarlle un novo investimento.

Neste caso para acometer un vello proxecto do Concello, aínda pendente de execución, como é unha nova fase da tan ansiada reforma da casa consistorial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí