Pontevedra mellora a contorna e o mobiliario do embalse do Pontillón

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra restaura a contorna do embalse do Pontillón do Castro.  A intervención permitiu mellorar a pavimentación, cambiar os peches perimetrais e renovar o mobiliario urbano. O custo da mellora superou os 70 mil euros.

A contorna do embalse do Pontillón en Pontevedra presenta un aspecto totalmente renovado. O goberno da Boa Vila levou a cabo unha intervención para restaurar e reparar o bordo e o mobiliario urbano do embalse e do parque forestal.

O parque conta con 10 anos e segundo sinalan dende o concello, as tarefas de mantemento eran necesarias. O proxecto tivo un custo de 70 mil euros.

Con esta mellora e arranxo das deficiencias, os veciños de Pontevedra e os deportistas do club de piragüismo David Cal sairán beneficiados.

Ao proxecto de mellora daráselle continuidade no futuro coa renovación dos parques infantís e co mantemento da parcela decida pola comunidade de montes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí