O executivo boirense renova a rede de servizos e o pavimento no núcleo de Graso

BOIRO> A actuación cun investimento de preto dos 67 mil euros foi con cargo ó POS da Deputación da Coruña.

O executivo boirense segue a dar pasos importantes de cara á mellora de servizos e da accesibilidade en diferentes núcleos do rural, co obxectivo de mellorar tamén as condicións de vida dos veciños destas zonas.

Unha das últimas actuacións executadas levouse a cabo no lugar de Graso, na parroquia de Abanqueiro. Alí realizouse a renovación integral do firme e da rede de pluviais, xa que o seu estado de deterioro provocaba problemas de seguridade cando se producían choivas.

As obras cun orzamento de preto dos 67 mil euros foron con cargo ó POS da Deputación da Coruña.

A actuación en Graso forma parte dun proxecto para a renovación de pavimentos en varios puntos do municipio, co que se actuou en Coroño, Cabo, Cespón e Treites.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí