MUROS> A rehabilitación interior do Cine París de Muros precisará dun novo proxecto. A anterior proposta, realizada en 2011, quedou obsoleta non só en canto a prezos e materiais senón tamén no que respecta á normativa.
Trala reforma da envolvente exterior do Cine París de Muros, o concello buscará financiamento para acometer a rehabilitación interior do inmoble. Será preciso redactar un novo proxecto actualizado posto que proposta existente data de 2011.
Mentres non se inicia o procedemento que permita acometer as obras de reforma, o concello intentará darlle usos puntuais ó espazo coa organización de eventos ó aire libre, unha vez que a situación sanitaria o permita.