A oposición de Ribadumia abandona o Pleno acusando a David Castro de atacar a ‘calidade democrática’

    RIBADUMIA> A oposición de Ribadumia volve escenifica-la súa unión contra o goberno dos Indepententes. PP, Somos e PSOE abandonaron o Pleno desta no que se ía aborda-la perda de medio millón de euros en subvencións por parte do executivo de David Castro. As tres formacións denuncian que a sesión non se axusta á petición que eles rexistraron, polo que retiraron da orde do día in extremis a súa moción conxunta. O tema será abordado dentro de 15 días nun novo pleno extraordinario que, desta volta si, axustarase á petición dos grupos da oposición, que son os que o solicitan. O alcalde xa anunciou que non vai asistir.

    A oposición de Ribadumia solicitou un pleno extraordinario para pedir explicacións pola perda de medio millón de euros dunha subvención, pero hoxe non se falou diso. O alcalde convocou a sesión para as 12 desta mañá, cando o prazo espiraba unha hora e media antes. Ademais, o executivo modificou a orde do día, tentando dilui-lo punto do que quería falar a oposición no medio doutros asuntos.

    Pero o argumento de David Castro non convence a PP, Somos Ribadumia e PSOE. A oposición unida abandonou a sesión. As tres formacións coinciden en que este non era o pleno que solicitaran.

    O pleno extraordinario que si solicitou a oposición quedou hoxe convocado automaticamente para dentro de 10 días hábiles. O alcalde xa avanzou que non vai asistir. A xa anunciada ausencia do alcalde indigna aínda máis á oposición.

    A sesión desta mañá foi tensa, con cruzamento de acusacións e mesmo cortes aos voceiros da oposición. O alcalde referiuse en varias ocasións ás tres formacións da oposición como ‘tripartito’, logo da súa unión contra Independientes.

    Nun par de semanas volverá haber pleno extraordinario en Ribadumia no que, daquela si, falarase da suposta perda de medio millón de euros para investimentos dentro dos Plans Ágora e ReacPon da Deputación de Pontevedra, por incumpri-los requisitos das convocatorias e que se destinarían á humanización da contorna do colexio Xulia Becerra Malvar de Barrantes.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí