Iniciadas as obras para a reforma do estaleiro de Ermida en Abruñeiras

NOIA> Iniciadas as obras de remodelación do antigo estaleiro de Abruñeiras que dará servizo ó Club de Remo. As futuras instalacións contarán con ximnasio, vestiarios e almacen de embarcacións.

Os traballos iniciais que xa se están a executar no antigo estaleiro de Ermida en Abruñeiras céntranse no interior da nave, onde se habilitará ximnasio, aseos, vestiarios e zona de almacén.

Ademais de ampliar as instalacións do club de remo, a reforma desta nave, cun investimento de 400 mil euros, porá en valor o litoral de Abruñeiras dando continuidade ó sendeiro peonil da costa noiesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí