POIO> Un veciño de Poio denuncia que as terrazas dos bares de Raxó deixan sen beirarrúas aos peóns. Ao tratarse dunha rúa pequena, o gran tamaño das plataformas provoca que os viandantes teñan que votarse á estrada. Pide ás administracións que tomen medidas para que as terrazas non bloqueen o paso dos peóns.
Cada vez máis, os locais hostaleiros aproveitan as zonas públicas para aumentar os servizos dos seus locais ampliando as terrazas. Unha situación regulada e normalizada aínda que non en todos os concellos. Un veciño de Poio denuncia que os bares e cafeterías da rúa Ramón Encinas de Raxó teñen máis terraza das permitidas provocando que os peóns non poidan transitar polas beirarrúas.
Segundo o denunciante, o gran tamaño das terrazas provoca que peóns e coches teñan que transitar xuntos pola estrada nunha rúa moi estreita.
Gerardo xa se manifestou diante do concello esixindo unha solución. Segundo explica o goberno local defendeuse ao ser a estrada competencia de Aplu, un organismo da Xunta.
O home continuará manifestándose ata que as administracións tomen unha solución. Polo de agora está pendente dun permiso para cerrar a rúa durante dúas horas e facer a súa propia reclamación.
En principio as terrazas manteranse ata setembro. Nese mes está proxectado unha obra para mellorar as canalizacións o que obrigará aos negocios a retirar as plataformas. Gerardo agarda que unha vez se retiren se tomen medidas e non se volvan a instalar coas dimensións actuais.