Lousame celebrará a XX Festa do Galego cunha romaría na praza do concello

LOUSAME> Lousame celebrará este ano a vixésima edición da Festa do Galego. Será o 15 de maio na praza do concello. Haberá obradoiros e actuacións de música e teatro así como unha exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán.

Lousame celebrará a Festa do Galego na praza do concello o próximo 15 de maio. Tras dous anos con actividades semipresenciais e limitacións de aforo, o concello aposta por potenciar esta romaría cun emprazamento ó aire libre que permita a asistencia de máis veciños.

A xornada dará comezo co concerto de Pakolas seguido de Mala Sombra Teatro que levará a escena a obra ‘Habeas Corpus’. Estarán expostas tamén unha mostra sobre Florencio Delgado Gurriarán a quen se lle dedican este ano as letras Galegas e outra sobre Cernadas de Castro.

Ademais do persoal de cultura e xuventude colaborará na organización deste evento o grupo municipal de voluntariado. Os interesados en participar poder facer a inscrición a través de bandoticket.com. O límite é de 300 prazas. No caso de chuvia trasladarase á casa da cultura, o que obrigaría a reducir o aforo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí