PONTEVEDRA> O alumnado do IES Luis Seoane de Monte Porreiro implícase na loita por fomentar o consumo responsable. A partir dun proxecto de clase, os mozos e mozas crearon un grupo de estudo para mellorar os seus hábitos e fomentar a economía circular. A súa implicación vai máis alá, e agora imparten charlas e talleres para o resto de alumnos e para toda a comunidade educativa.
Un grupo de alumnos e alumnas do IES Luís Seoane de Monte Porreiro estanse a converter nuns expertos en ecoloxía e economía circular. A súa andadura comezou cun proxecto de clases de economía chamado ecoética, pero vendo a importancia para o medio ambiente decidiron dar un paso máis. Agora reúnense para afondar na ecoloxía e imparten talleres e charlas ao resto da comunidade educativa.
O proxecto ten dous obxectivo que os escolares se formen e que a súa vez conciencien ao seus achegados da importancia de loitar contra o cambio climático.
Ao ver a importancia da ecoloxía, o alumnado comezou a traballar durante horas, incluso fora da súa xornada lectiva.
O seu traballo está conseguindo que cada vez máis alumnado, mestres e pais e nais se sumen á ecoloxía.
O seu obxectivo é chegar á maior xente posible para poder axudar a cambiar o mundo. Advirten que todos podemos mellorar con pequenos xestos como a reciclaxe ou o aforro de auga e enerxía.
O seu proxecto non se detén no ámbito lectivo. Dende o grupo xa planean outras accións como crear un podcast. Ademais no mes de xuño participarán nunha feira de economía sostible.