González Formoso destaca o carácter inversor da Deputación con Muros nos últimos anos

MUROS> A primeira das paradas do presidente da Deputación da Coruña producíase no campo de fútbol Eleuterio Balayo, no que se executan diversos traballos de mellora das instalacións. Ademais da ampliación do terreo de xogo, renovarase tamén o seu céspede.

O proxecto enmárcase dentro do Plan Único e está valorado duns 235 mil euros, dos que o ente provincial achega ó redor de 171 mil.

Tamén tivo tempo de comprobar a marcha das obras de saneamento e abastecemento de auga que se están a levar a cabo no núcleo de Abelleira.

A actuación conta cun orzamento de máis de 236 mil euros e vai tamén con cargo ó Plan Único.

Aproveitouse a visita tamén para proceder á entrega dunha furgoneta ó Club de Remo Muros. Unha aportación que forma parte da liña de subvencións que a Deputación dedica a clubs de remo e piragüismo de toda a provincia para financiar a adquisición de vehículos e á que destinou neste 2022 unha achega de 200 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí