Éxito rotundo do Torneo Internacional de Fútbol Jealsa-Concello de Boiro

BOIRO> Éxito total do Torneo Internacional de Fútbol Base Jealsa que reuniu en Boiro a máis de 60 equipos.  O Villarreal impúxose na categoría de alevíns mentres que en benxamíns foi o Celta de Vigo quen se alzou coa vitoria.

Esta fin de semana disputouse no campo de Barraña o torneo Internacional de Fútbol Base Jealsa – Concello de Boiro. Esta cita deportiva reuniu a máis de 900 xogadores de 60 equipos procedentes de toda España e Portugal. Na categoría de alevíns foi o Villarreal o que conseguiu o triunfo tras arrebatarlle a final ó Leganés. En benxamíns, o Celta de Vigo fixo o tras vencer ante o  Leganés no encontro decisivo.

Ademais do gran espectáculo vivido no campo durante toda a fin de semana, a competición conseguiu atraer ata a comarca a numerosos visitantes polo que foron moitos os establecementos hoteleiros da zona que colgaron o cartel de completo.

O organizador do torneo, Julio Mariño, agradeceu o apoio dos patrocinadores e o labor desinteresado de moitos colaboradores que traballaron na programación do evento para que se desenvolvese sen incidencias e con gran ambiente. Aínda así, fai un chamamento a unha maior implicación das administracións dado o importante retorno económico e o factor de dinamización turística que supón esta cita. Cita que, ademais da vertente deportiva, destaca polos seus fins solidarios posto que tódolos fondos recadados irán destinados á fundación Aladina en apoio ós nenos con cancro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí