Confirmada a condena de 10 meses de prisión a catro gardas civís de Noia por humillar a un compañeiro

NOIA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de confirmar a condena de 10 meses de prisión a catro gardas civís por humillar durante anos a un compañeiro con comentarios homófobos e despectivos.

O alto tribunal confirma así a sentenza do Tribunal Militar Territorial Cuarto que considera ós catro acusados autores dun delito de abuso de autoridade, na modalidade de acoso profesional e atentado grave cotra a dignidade persoal no traballo.

Os feitos probados da sentenza recollen que dende o 2010, cando a vítima chegou ó cuartel de Noia, un cabo primeiro e outros tres gardas sometérono a un constante acoso e trato humillante mofándose da súa orientacións sexual e valía profesional.

Esta situación prolongouse ata o 2014, cando a vítima tivo que se atendido por unha crise de ansiedade. Dende entón, permanece de baixa e recibe asistencia pisquiátrica.