Os equipos alevín e infantil do Pontearnelas viaxarán a Madrid para xogar un torneo internacional

PONTEARNELAS> Os futbolistas das categorías alevín e infantil do Pontearnelas desprazaranse a Madrid para xogar un torneo internacional. Os máis maiores terán a sorte de enfrontarse a equipos da talla do Xetafe. Os pequenos gozarán xogando os seus encontros nas instalacións do Real Madrid en Valdevevas. Os adestradores sinalan que viaxan a Madrid coa único obxectivo de que os nenos gocen e vivan unha experiencia que nunca esquecerán.

Os equipos infantil e alevín do Pontearnelas vivirán a partir de mañá unha viaxe única. Ambas categorías foron invitadas a disputar un torneo de carácter internacional en Madrid. No campionato participarán as canteiras de equipos de primeiro nivel de España pero tamén do estranxeiro. Os nenos xa coñecen aos seus competidores e onde xogarán os seus partidos.

Os nenos estarán en Madrid do 24 ao 29 de xuño. Na capital terán unha axenda como as dos profesionais, con partidos polas mañás, descansos no hotel e incluso unha presentación no Wanda Metropolitano, o estadio do Atlético de Madrid.

O Pontearnelas desprazará a Madrid aos seus dos equipos cun só obxectivo, que os nenos gocen e que vivan unha experiencia inesquecible.

Os nenos acollen a viaxe como un agasallo.

E a pesar do gran nome dos rivais, non deixan de lado as súas opcións.

No campionato participarán ao redor de 600 equipos. A expedición de Pontearnelas partirá o venres 24 ás 10 da mañá e regresará o día 29 ás 11 da noite. Os nenos terán por diante cinco días para gozar do fútbol, dos amigos e da cidade de Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí