Ribeira simplifica a tramitación de licenzas mediante un convenio co COAG

RIBEIRA> Ribeira simplifica a tramitación de licenzas e outros actos urbanísticos. O proceso, que é posible grazas ó acordo acadado no seu día polo Concello co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, suporá un recorte importante nos tempos na realización de determinados trámites burocráticos por parte da veciñanza, así como tamén custes.

Dende este pasado luns xa non é necesario presentar a documentación técnica requirida no Rexistro Municipal ou no Portelo Dixital, se non que bastará con consignar o código de expediente do Colexio de Arquitectos na tramitación da licenza ou doutras autorizacións administrativas, de forma que o Concello poida acceder á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.

Este proceso de simplicación de trámites é posible grazas ó acordo acadado no seu día polo Concello co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e suporá un recorte importante nos tempos e tamén custes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí