Noia inviste preto de 50 mil euros na ampliación do pavillón Agustín Mourís

NOIA> O concello de Noia investiu preto de 50 mil euros na ampliación do pavillón Agustín Mourís. As obras que comezaron a executarse hai varias semanas estarán rematadas nos próximos días para acoller a final da Copa Galicia de Fútbol Sala que se celebra o día 17 de maio.

Os traballos que se están a acometer no pavillón Agustín Mourís de Noia permitirán dotar ás instalacións dunha nova superficie na planta superior para ampliar o ximnasio e as oficinas de servizos técnicos.Deste xeito, liberarase a planta baixa para acoller novas actividades deportivas.

Tras estas actuacións, que estarán rematadas antes do 17 de maio cando se disputará en Noia a final da Copa Galicia entre o Noia Portus Apostoli e o Parrulo de Ferrol, o concello traballará nunha nova proposta para ampliar o aforo do pavillón tras confirmarse a permanencia do club noiés na Primeira División Nacional.