Sanxenxo acollerá dous torneos internacionais de tenis coas mellores promesas do mundo

SANXENXO> As maiores promesas do tenis mundial competirán en Sanxenxo entre o 16 e 30 de outubro. O círculo cultural Deportivo Sanxenxo organizará o 20º Itf world Tennis Tour junior e o 14º torneo internacional cadete, ambos coa catalogación de grado 1, entre os mellores torneos do mundo. As pistas de tenis de Sanxenxo serán un gran escaparate para coñecer aos futuros e futuras campioas deste deporte, ao igual que o fixo hai catro anos o actual número 1, Carlos Alcaraz.

O traballo do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo fai posible que cada ano compitan na vila as maiores promesas de tenis de todo o mundo. Cualificados coa categoría de grado 1 que os sinala como uns dos mellores campionatos do mundo e amadriñados pola ex número 1 do mundo Arantxa Sánchez Vicario, Sanxenxo celebrará o 20º Itf world Tennis Tour junior e o 14º torneo internacional cadete.

O torneo conta coa colaboración de empresas como Viaxes Interrías, da federación galega e española e de administracións como o concello de Sanxenxo, a Deputación de Pontevedra e a Xunta. Todos destacan a importancia para a vila de poder celebrar estes torneos de primeiro nivel. Campionatos que sitúan a Sanxenxo a nivel mundial atraendo ás mellores promesas do planeta, repercutindo economicamente na zona.

O torneo conta xa cunha larga traxectoria, e nas súas anteriores edicións competiron tenistas como o actual número 1 do mundo Carlos Alcaraz ou o número 3 Casper Ruud.

O ITF World Tennsi Tour Juniors disputarase do 16 ao 23 de outubro, mentres que o 14º torneo internacional cadete terá lugar do 22 ao 30 de outubro.