O PSOE de Rianxo pide retomar o proxecto da Casa da Música

RIANXO> O Partido Socialista levará unha moción ó vindeiro pleno a través da cal busca acadar un acordo para solicitarlle á Tesourería Xeral da Seguridade Social, dependente do Ministerio de inclusión, Seguridade Social e Migracións, a xestión da actual Casa do Mar.

Segundo os socialistas sería mediante un modelo de adscrición e non de cesión, o que daría posibilidade de acometer obras pendentes no inmoble e rematar o proxecto que se tiña deseñado para el, como é o da Casa da Música.

Para os socialistas o edificio está infrautilizado, pois na actualidade apenas se emprega como almacén de varios clubs locais e tamén da brigada de obras.

Por esta razón piden chegar a este acordo que posibilitaría poder acondicionalo, xa que actualmente presenta importantes deficiencias, para o seu uso por parte do tecido cultural, deportivo e asociativo do municipio

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí