Xuventude pon en marcha unha oficina virtual de asesoramento á mocidade

NOIA> A Xunta crea unha oficina virtual de orientación para a mocidade. Así o anunciou a Conselleira de Política Social na visita realizada esta mañá ó Espazo Xove de Noia.

A nova oficina que vén de poñer en marcha a Consellería de Política Social e Xuventude, aglutinará os distintos programas que a Xunta pon a disposición da mocidade a través dun mapa e recursos.

Son moitas as accións que está a desenvolver a Xunta para que os mozos poidan emprender novos proxectos,. Un exemplo é o Xuventude Mentoring, no que 200 rapaces tiveron a súa primeira experiencia laboral ou o Xuventude Crea que distingue as mellores creacións artísticas en 14 disciplinas

A oficina xa está dispoñible a través da web de xuventude. Conta ademais dunha canle electrónica de asesoramento individualizado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí