Xunta e USC promoven unha campaña de doazón de voz para recoller a riqueza fonética do galego

PORTO DO SON> A Xunta de Galicia pon en marcha a campaña de doazón de voz ‘AgasallaNós’ para recoller a riqueza fonética de Galicia. O obxectivo é que as distintas aplicacións tecnolóxicas recoñezan e incorporen as distintas cadencias lingüísticas e variedades dialectais.

Calquera galego que o desexe pode colaborar na campaña de doazón de voz que vén de lanzar a Xunta de Galicia. Tan só é preciso realizar a gravación de varios rexistros de voz mediante unha aplicación . A campaña, promovida pola Xunta e Universidade de Santiago, busca crear un rexistro o máis variado posible do galego para que as ferramentas tecnolóxicas recoñezan e incorporen os distintos acentos e variedades dialectais contribuíndo ademais a ampliar e enriquecer o rexistro do noso patrimonio oral.

O Conselleiro de Educación presentaba a campaña en Porto do Son, onde tivo a oportunidade de realizar a súa achega a esta iniciativa que pretende acadar as mil horas de gravación como mínimo.

Ó longo de todo o ano, diversas aulas da rede CEMIT concellos acollerán sesións de gravación como a desenvolvida en Porto do Son. Os interesados en colaborar poden facelo acudindo a calquera destas xornadas presenciais ou de xeito telemático a través da web doagalego.nos.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí