A mocidade de Pontevedra ‘ponse ao choio’ na procura de traballo

PONTEVEDRA> Chega a Pontevedra a segunda edición de ‘Ponte ao choio!’. Trátase dun completo taller con técnicas e ferramentas para axudar á xente a atopar traballo. Nesta edición, terán especial peso a elaboración de currículos e videocurrículos, así como a preparación das entrevistas de traballo. O programa vaise celebrar os días 17 e 18 deste mes, no Mercado de Abastos da cidade.

Saber elaborar un videocurrículo que capte a atención e te-la capacidade suficiente para enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo, son nestes tempos claves fundamentais á hora de buscar un emprego. Nestas cuestións afondarase na segunda edición de ‘Ponte ao choio!’, unha iniciativa que regresa á cidade de Pontevedra coa vocación de axudar á xente a dar co traballo que andan a buscar.

A cita, os días 17 e 18 de marzo. Dentro dos talleres, a fotografía e o vídeocurrículo terán un espazo destacado. Nas xornadas afondarán en varios tipos de vídeos que nestes momentos son especialmente relevantes dentro do panorama laboral, comezando polo videocurrículo. Os talleres tamén dedicarán unha parte ás claves para preparar con acerto unha entrevista de traballo.

Esta segunda edición do ‘Ponte ao choioi!’ vaise celebrar no segundo andar do Mercado de Abastos de Pontevedra. As inscricións xa se poden tramitar a través da web ponteaochoio.eu.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí