BOIRO> O alcalde de Boiro e o concelleiro de Obras visitaron esta mañá os traballos de acondicionamento que se están a executar na Casa dos Veciños de Mieites. O obxectivo da actuación, na que o concello inviste 50 mil euros, é dinamizar a vida social deste núcleo de poboación da parroquia de Cures.
Na visita realizada esta mañá á Casa dos Veciños de Mieites, os responsables do concello de Boiro tiveron ocasión de comprobar o avance das obras de restauración desta antiga vivenda que se converterá nun centro social para uso da veciñanza.
A parte exterior está practicamente rematada pero resta aínda o acondicionamento interior do inmoble e a dotación de equipamento para entrar en servizo.
O concello destina 50 mil euros á actuación mediante un convenio asinado coa comunidade de montes.










