Tres artistas impartirán obradoiros en Boiro no marco do proxecto de residencia La Doce

BOIRO> O concello de Boiro e La Doce continúan coa súa colaboración no proxecto de residencias artísticas. Ó longo deste mes, as tres artistas seleccionadas levarán a cabo as súas propostas creativas no municipio.

Clara Álvarez, Debo Barreiro e Sol Álvarez foron as tres artistas gañadoras na convocatoria do proxecto Residencias Artísticas Boiro 2022 con proxectos creativos moi ligados ó noso territorio.

Ó longo de todo este mes de setembro desenvolverán o seu traballo no cowronking de La Dpce e levarán a cabo unha serie de obradoiros abertos ó público.

Estas tres artistas, seleccionadas entre os 60 aspirantes que concorreron á convocatoria, convivirán en Boiro ó longo deste mes e terán acceso ó taller da galería La Doce para desenvolver os seus programas creativos así como unha axuda de produción por parte do concello.

A finais de mes, o traballo realizado polas tres gañadoras será exposto no Pazo de Goiáns ata o 28 de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí