O concello de Ribeira desaconsella o baño en Coroso e A Corna pola presenza nas augas dunha bacteria

RIBEIRA> A presenza de enterococos intestinais na augas nos areais de Coroso e A Corna obrigou ó Concello a ter que desaconsellar o baño neles, unha vez recibidas por parte da consellería de Sanidade as últimas analíticas destas praias.

Segundo fontes municipais trátase dunha medida preventiva, non é ningunha prohibición. De feito moita xente esta mañá continuaba a bañarse nestes areais.

O Concello agarda a que a medida sexa temporal, e que os parámetros altos desta bacteria baixen nas últimas análises realizadas, o que permitiría poder abrir con normalidade estes dous areais ó baño.

Ó parecer trátase dunha bacteria moi habitual e adoita aparecer por mor dun mal funcionamento dos sistemas de saneamento ou pola presenza nas augas de vertidos fecais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí