Nace en Pontevedra o Premio Dona Urraca, o primeiro en Galicia para novela histórica

PONTEVEDRA> Nace en Pontevedra un novo premio literario dirixido á novela histórica. Trátase do Premio Dona Urraca, galardón froito da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a editorial Guiverny. O xurado valorará de xeito especial a presenza de personaxes femininos e que toda ou parte da acción se desenvolva na provincia de Pontevedra. Dende hoxe mesmo e ata o vindeiro 1 de xullo os autores poden presentar os seus orixinais.

A novela histórica xa ten galardón propio en Galicia. A Deputación de Pontevedra e a editorial Guiverny colaboran no nacemento do Premio Dona Urraca, o primeiro en territorio galego para este tipo de obras.

As obras que se presenten poderán ser en castelán ou en galego. O prazo para presentalas estará aberto dende hoxe e ata o vindeiro 1 de xullo.

Ademais de promover este xénero literario, o obxectivo do premio é tamén visibilizar e reivindicar as personaxes femininas. Unha declaración de intencións que xa vén dada mesmo coa escolla do nome: Dona Urraca.

A novela gañadora recibirá un premio de 6.000 euros e darase a coñecer nunha gran gala que se celebrará a finais de ano. As bases xa están dispoñibles na páxina web da editorial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí