A depuradora de Ponte Chaín ou a mellora do albergue de peregrinos, prioridades da Xunta para Portas

PORTAS> A Xunta prevé investir uns 600.000 euros nos vindeiros meses en varios proxectos no Concello de Portas. Entre as actuacións, salienta a reforma da deporadora de Ponte Chaín, o acondicionamento do albergue de peregrinos ou seguir avanzando na concentración parcelaria. Son algúns dos asuntos que se abordaron hoxe na Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra que se celebrou na localidade.

A Casa do Concello de Portas acolleu hoxe a xuntanza mensual da Comisión Territorial de Coordinación da Delegación da Xunta en Pontevedra. Trátase dun encontro ordinario no que participan os representantes territorias de tódalas consellerías. As súas sesións estanse a celebrar cun carácter itinerante, co obxectivo de descentraliza-la actividade da Delegación.

Así que Portas foi, en gran medida, o protagonista da sesión. En primeiro lugar, polo anuncio dun investimento na localidade de ata 600.000 euros por parte da Xunta en distintos proxectos. Entre as actuacións, salienta a reforma da deporadora de Ponte Chaín, o acondicionamento do albergue de peregrinos ou seguir avanzando na concentración parcelaria.

O encontro serviu tamén para facer balance doutra serie de proxectos xa rematados. Entre eles, o arranxo de pistas, a posta en marcha do punto limpo ou intervencións na escola infantil ou no centro de día. Tamén actuacións de eficiencia enerxética que se traducen nun considerable aforro para as arcas municipais.

Ademais, como vén sendo habitual neste tipo de xuntanzas tamén se abordaron outros asuntos nos que traballa o goberno galego nestes momentos.

O delegado aproveitou tamén a xuntanza para analiza-los datos da campaña de vacinación da cuarta dose da covid na área saniataria de Pontevedra e O Salnés, que continúa en marcha.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí