PORTAS> Portas conta os días para o arranque da súa cita máis internacional. O xoves da semana que vén comeza no recinto da Azucreira o PortAmérica. Está previsto que o festival reúna a máis de 65.000 persoas nos seus tres días de programación, que este ano conta con artistas como Rigoberta Bandini, Dani Martín, Hombres G ou Xoel López. Outro dos seus sinais de identidade é a gastronomía: trinta e sete chefs participarán no ShowRocking.
Moi pronto a Azucreira de Portas volverá estar ata a bandeira.
O xoves 9 de xullo arranca o festival Portamérica, cunha fin de semana na que volverá reunir máis de 65.000 persoas.
O cartel ben o merece. O xoves, Rigoberta Bandini, Fillas de Cassandra ou The Rapants porán a banda sonora á primeira xornada de festival. Hombres G, M-Clan ou Eliades Ochoa farán o propio o venres, mentres que o sábado Dani Martín, Amaia ou Xoel López faranse co escenario. Como novidade, varios destes concertos contarán este ano con intérpretes en lingua de signos.
Todo isto na parte musical pero recordemos que o festival Portamérica non só se escoita; tamén se saborea. O ShowRocking traerá ata Portas a 37 chefs dos dous lados do Atlántico capitaneados polo poiense Pepe Solla. Entre todos suman 22 estrelas Michelín con propostas para combinar alta cociña, produto, territorio, sustentabilidade e novas miradas culinarias.
Aínda hai entradas dispoñibles. Poden adquirilas na web oficial do festival portamerica.es.











