Portas incorpora ao seu parque móbil a súa primeria furgoneta 100% eléctrica

PORTAS> O Concello de Portas incorpora ao seu parque móbil unha furgoneta 100% eléctrica. O vehículo destinarase ao departamento de conservación de servizos, como medio ambiente ou obras. Foi adquirido a través dunha liña de axudas da Xunta, que aportou 30.000 euros para a súa compra.

Este é o novo vehículo co que conta o concello de Portas. Trátase dunha furgoneta 100% eléctrica, adquirida grazas a unha liña de axudas da Xunta. O goberno galego aportou para a súa compra 30.000 euros.

O alcalde celebra a incorporación deste novo vehículo ao parque móbil, unha eiva que por fin queda resolta.

Ademais, nesa mesma liña, o concello conta xa cun punto de recarga de coches eléctricos. Un pequeño xesto que contribúe á implantación paulatina deste tipo de vehículos, tamén entre os particulares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí