Un muro morado lembra ás vítimas da violencia de xénero en Ribeira

    RIBEIRA> Tódolos concellos do Barbanza sumáronse á celebración do 25N. Un dos actos máis destacados tiña lugar en Ribeira, onde os estudantes do municipio elaboraron un muro formado por grandes cubos morados en lembranza de cada unha das vítimas.

    A praza do concello de Ribeira converteuse no centro das celebracións polo Día contra a violencia de xénero á que se sumaron tódolos centros educativos do municipio así como numerosos colectivos sociais e cidadáns anónimos. O acto comezou cun minuto de silencio e a lectura dun manifesto.

    A continuación, os estudantes colocaron fronte á casa do concello uns cubos morados elaborados polos centros educativos en representación de cada unha das vítimas, das que leron unha breve reseña. O acto rematou cunha performance a cargo da soprano Esperanza Mara.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí