RIBEIRA> A falla de médicos en toda a área sanitaria Santiago-Barbanza, especialmente en Ribeira, é de sobra coñecida, o que impide dar unha atención nos consultorios a tempo total, como se daba ata o de agora.
Dende a xerencia fan unha chamada ó persoal médico que queira traballar na zona, para que se dirixa a eles, para poder ofrecerlles de xeito inmediato unha interinidade e así poder cubrir as baixas e vacantes existentes, tanto en Ribeira, coma nos centros de saúde de Corrubedo, Palmeira ou Aguiño.
Aínda así asegurou que a atención a tempo parcial que se presta ós pacientes é inmediata e non hai lista de agarda.
Eloína Núñez tamén se referiu á situación dos consultorios de Cabo de Cruz e Taragoña, que levan pechados dende o inicio da pandemia.
Segundo ela o motivo de mantelos a día de hoxe aínda sen actividade, responde máis ben á necesidade de acometer neles reformas específicas, ó non cumprir os requisitos mínimos para poder dar o servizo apropiado ós pacientes.