LOUSAME> O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei para instar á Xunta a continuar co expediente de caducidade da concesión da mina de San Finx en Lousame.
O acordo entre tódolos grupos representados na cámara galega contempla tamén o requirimento á empresa para que execute un proceso de restauración do dominio público hidráulico incluíndo a retirada dos residuos mineiros acumulados nas presas e a restauración ambiental do leito do río e de toda a contorna afectada.
Instan tamén á Xunta a que proceda a executar o aval depositado polo titular da explotación no caso de que non cumpra cos requirimentos para garantir que se adoptan as medidas subsidiarias precisas para manter as condicións de seguridade.