A inflación leva por diante o Galo Fodorico, que arderá este sábado en Poio

POIO> O entroido aínda non rematou no Concello de Poio. Este sábado vivirase un dos momentos máis emotivos, coa despedida de Fodorico Augusto Bastante. O galo arderá de novo na praza do Mosteiro de San Xoán, logo de dous de pandemia. A isto hai que engadir a Festa Choqueira, que suporá o adeus definitivo ao entroido ata o 2024.

Dous anos despois o galo Augusto Fodorico Bastente regresa ao Concello de Poio. E faino para despedir un entroido que se viviu por todo o alto na vila. A icónica figura, todo un emblema dos entroidos na comarca de Pontevedra, arderá o sábado á tarde na praza do Mosteiro de San Xoán. O cortexo fúnebre sairá ás 20.30h da antiga escola do Sartal. Este ano vestida de inflación e de suba de prezos.

Como sempre, a Asociación Cultural Ronsel e o Concello van da man neste iniciativa, á que hai que sumar a Festa Choqueira, que se celebrará baixo carpa.

A isto, hai que engadir tamén a parte gastronómica e oo concurso de disfraces, coas diferentes categorías.

Pero antes do enterro do Fodorico, en Poio aínda hai outras citas de entroido. Este mesmo venres ás 20.30h serán os veciños de Lourido os que despidan ao Berberecho. E ademais, o día 18, terá lugar o Enterro do Galo Bruxo, a cargo da SCD Samieira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí