A Deputación sinala a Vilagarcía como un referente por humanizacións como a de Arzobispo Lago

VILAGARCIA> Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra presumen da humanización da rúa Arzobispo Lago. Os traballos xa están rematados e para a modernización da zona investíronse máis de 700 mil euros. O concello defende que a humanización permite que a veciñanza goce da rúa á vez que se potencia o comercio local.

Dende hai un mes a veciñanza de Vilagarcía xa goza da humanización da rúa Arzobispo Lago. A zona está agora habilitada para o uso exclusivo dos peóns e modernizada con bancos, fontes e árbores. A deputación investiu neste proxecto máis de 700 mil euros a través do plan concellos, do plan ágora e dos fondos europeos. Para a presidenta, estas humanizacións converten a Vilagarcía nun referente.

A obra actuou sobre unha rúa de máis de 1700 metros cadrados, adaptándoa para que toda a veciñanza poida gozar da zona con total liberdade.

O concello tamén agarda que estas obras axuden a potenciar o comercio local.

Ambas administracións xa adiantaron que están en contacto para continuar desenvolvendo máis traballos como a peonalización da rúa Conde Vallellano. Completando así a humanización do núcleo centra da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí