A marca Aaron Romar enche de glamour a adega Viña Almirante no seu primeiro desfile

PORTAS> Viña Almirante converteuse en toda unha alfombra vermella. As instalacións da adega en Portas enchéronse de glamour para acoller o primeiro desfile da marca Aaron Romar.

É o primeiro traballo de Aaron Mateo, un deseñador de 21 anos nado en Pontecaldelas. Nesta importante cita presentou quince estilismos dignos das máis importantes pasarelas.

O que puidemos ver en Viña Almirante foi o resultado dun longo traballo. A colección naceu como proxecto final dos estudos de Deseño de Moda que Aaron Mateo cursa na Coruña.

A experiencia foi máis que positiva para este novo deseñador. Convencido, ademais, da excelente parella que fan a moda e o mundo do viño.

Aínda que estes primeiros traballos da marca Aaron Romar non están á venda, o deseñador asegura que está aberto a novas propostas. Poden contactalo a través das súas redes sociais.