NOIA> O Club Noia Patín organiza o I Trofeo de Patinaxe Artística Vila de Noia. Contará con máis de 200 participantes de toda Galicia e unha ampla representación local cuns 20 patinadores noieses.
Máis de 200 participantes procedentes de clubs de toda Galicia daranse cita no I Trofeo de Patinaxe Artística Vila de Noia que se celebrará o 2 e 3 de decembro no pavillón Agustín Mourís.
Competirán de xeito individual, dende os máis pequenos de tan só catro anos ata as categorías superiores. Destaca a ampla representación local, con 20 participantes do Club noiés.
Malia que o Club Noia Patín leva anos organizando diversas competicións e exhibicións, é a primeira vez que organiza este trofeo que nace con vocación de continuidade.
As inscrición permanecerán abertas ata este venres e poden realizarse no correo electrónico clubnoiapatin@gmail.com.











