VILANOVA> Durante este mes de xuño comprar no comercio de proximidade de toda Galicia pode ter premio. Xa está en marcha unha nova edición dos ‘Días azuis’, unha iniciativa impulsada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta. Vanse sortear 12.000 euros, distribuídos en tarxetas de 250 e 150 euros. Esta mañá presentaban esta campaña en Vilanova, unha localidade onde en edicións anteriores desta iniciativa houbo moita participación.
A campaña ‘Días azuis’ busca fomenta-las compras no comercio de proximidade. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta, que se estende polas catro provincias galegas.
Vai estar en marcha ata o 25 deste mes de xuño, poñendo en xogo 12.000 euros en premios. Para participar abonda con enviar o ticket de compra por electrónico, entrando xa directamente no sorteo.
A campaña conta cunha moi boa participación na provincia de Pontevedra, cunha implicación moi elevada por parte do comercio de Vilanova e da súa clientela.
O alcalde en funcións de Vilanova aproveitaba para reivindicar unha vez máis o comercio local, poñendo en valor o trato personalizado en cada compra. E engade Durán, Vilanova conta cunha ampla escolma de establecementos para que a veciñanza de todo O Salnés se achegue e, de paso, goza da súa hostalaría e dos seus espazos públicos, nos que desfrutar dun completo día.











