Máis polbo que nécora nun desigual inicio de campañas das dúas especies

RIBEIRA> Bo arranque da campaña do polbo nos primeiros días trala apertura da veda. Na lonxa de Ribeira superáronse os catro mil quilos diarios e a cotización oscilou entre os 7 e os 12 euros.

As condicións do arranque da campaña do polbo e da nécora tralo levantamento da veda non foron as idóneas debido ás grandes lúas das últimas noites. O exceso de luz repercutiu especialmente nas capturas do crustáceo, menos no que respecta ó cefalópodo no que nestas primeiras xornadas superáronse os catro mil quilos descargados na lonxa de Ribeira.

No que respecta a nécora a de maior calidade superou os 27 euros mentres que a máis barata achegouse ós sete. De momento, as cotizacións non son representativas; haberá que agardar ás próximas semanas cando se incorporen máis embarcacións á campaña e incremente tamén a demanda como soe acontecer na tempada de verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí