Noia vive unha multitudinaria viaxe ó pasado coa Feira Medieval

NOIA> Cheo total na Feira Medieval de Noia que rexistrou unha das edicións máis multitudinarias da súa historia. Ademais do gran mercado de artesanía, os visitantes tiveron ocasión de disfrutar de torneos medievais e espectáculos de lume e circo nunha auténtica viaxe ó pasado.

A Feira Medieval de Noia pode presumir de ser unha das máis lonxevas e multitudinarias de Galicia. é por iso que a vila case quedou pequena para acoller ó gran número de visitantes que durante toda a fin de semana quixeron participar desta festa. O sábado foi o día de maior afluencia. Dende primeira hora da mañá, o mercado de postos de artesanía e a animación de rúa rexistraron gran ambiente.

Entre esa amplísima gama de actividades destacaron tamén os torneos medievais que se desputaron na zona do Malecón nos que a pesar da solemnidade que require a loita de cabaleiros non faltou o sentido do humor.

Ás numerosas actividades de animación que se sucederon practicamente cada hora sumáronse os espectáculos de gran formato nos que o lume e as acrobacias foron os principais protagonistas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí