Malestar en Palmeira pola tardanza das obras de ampliación do parque infantil de Arrochela

RIBEIRA> O parque infantil de Arrochela, próximo ó peirao Palmeira, é un dos máis empregados da localidade e dos que maior afluencia de nenos rexistra.

Aínda así dende hai uns meses non se pode utilizar debido ás obras de ampliación do recinto de xogo.

Os país non entenden a tardanza nin os motivos polos que, cinco meses despois dende o inicio da actuación, esta aínda non está rematada, e o parque segue a día de hoxe sen poder empregarse, constituíndo ademais un perigo, xa que moitos nenos seguen accedendo sen permiso ó seu interior.

Dende o Concello informaron de que se trata dunha actuación adxudicada polo goberno anterior.

Ó parecer está pendente da instalación do novo firme, cuxo orzamento destinaron a outra actuación.

Fontes municipais sinalaron que será necesario habilitar agora unha partida específica para tal fin nos novos presupostos  municipais.