Éxito de público na Feira do Comercio de Noia Histórica

NOIA> Noia Histórica celebrou esta fin de semana a súa Feira do Comercio para despedir a tempada de rebaixas. Unha quincena de establecementos sacaron os seus artigos á rúa, nos postos instalados nunha carpa na alameda.

Á espera de realizar un balance definitivo, todo apunta a un notable éxito de vendas ante os numerosos visitantes que se deixaron caer pola feira ó longo de toda a fin de semana.

Ademais de atopar interesantes descontos sobre todo en moda e calzado, os asistentes tiveron ocasión tamén de degustar produtos gastronómicos e diversas variedades de cervexa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí