NOIA> Noia é o único concello de toda Galicia con máis de dez mil habitantes que non conta cunha escola infantil pública. Esta situación implica, segundo o BNG; serios problemas para que as familias noiesas poidan conciliar véndose obrigadas a buscar prazas noutros concello.
Ante o anuncio dunha nova convocatoria de axudas por parte de Política Social para construír novas escolas infantís, os nacionalistas instan ó executivo a dar os pasos para poder acollerse a esta liña de subvencións.
Levarán a pleno unha moción demandando a adquisición de terreos e a realización dun estudo de viabilidade e demandan.
O obxectivo é que Noia poida contar cunha escola infantil pública, ben integrara na rede de escolas autonómicas da Galiña azul ou mediante xestión municipal.