Unhas 50 familias en Noia quédanse fóra das axudas ó comedor escolar

NOIA> En total son ó redor dunhas 50 as familias do municipio que se quedaron fóra da última convocatoria de axudas municipais para o comedor escolar. E iso, a pesar de cumprir cos requisitos esixidos dende o Concello.

A queixa dos nacionalistas propiciou un compromiso por parte do equipo de goberno de tratar de solucionar este asunto á máxima brevidade de tempo posible, debido a unha falla de previsión, sacando uns novos fondos para que estas familias que quedaron fóra das axudas poidan optar finalmente tamén a elas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí