RIBADUMIA> Espellos Íntimos é a primeira proposta do Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés para conmemorar o 8 de marzo. O obradoiro desenvolveuse hoxe no Auditorio de Ribadumia, convertido nun espazo de encontro e de escoita das experiencias dunha trintena de mulleres. Empregando ferramentas teatrais, a actividade centrouse nos coidados e no autocoidado.
Unha trintena de mulleres compartiron hoxe as súas vivencias no auditorio de Ribadumia. Fixérono no marco de ‘Espellos Íntimos’, a primeira actividade que organiza o CIM da Mancomunidade do Salnés co gallo do 8 de marzo.
Sentadas formando un círculo, as participantes compartiron as súas experiencias e vivencias. Empregando ferramentas propias do teatro, púxose o foco sobre os coidados e o autocoidado.
Esta primeira actividade desenvolveuse en Ribadumia. Unha oportunidade que agradeceron dende o concello e que asumiron como o tiro de saída para a súa programación polo Día Internacional da Muller.











