BOIRO> O PP de Boiro denuncia a ‘chapuza’ realizada nas obras de mellora do firme no cruce do Esteiro ó Mavi, en Cabo de Cruz, sufragada con cargo ós fondos do Plan Único da Deputación da Coruña de 2022.
Segundo eles, esta actuación, mal executada, ó conectar as augas pluviais á rede xeral de saneamento, está a provocar un mal funcionamento da depuradora municipal.
Dende o PP culpan ó goberno local de non defender correctamente os intereses municipais, pois obrigará a ter que realizar agora, con fondos propios, unha nova actuación na zona para tratar de solucionar este problema, que pon en serio risco un dos bancos marisqueiros máis importantes da Ría.










