NOIA> Todo listo en Noia para acoller a trixésimo oitava edición do seu Rali que se celebrará os días 19 e 20 deste mes. A cita deportiva converterase nun homenaxe ó piloto Diego Mayo, falecido a finais do pasado ano nun accidente de tráfico.
Máis de 130 vehículos participarán no Rali Berberecho de Noia que se disputará a vindeira fin de semana.
A cerimonia de saída terá lugar o venres 19, ás oito e media da tarde, dende a explanada de Labarta ata a alameda para que os veciños poidan disfrutar do espectáculo, a falta do tradicional treito urbano que nesta edición non se desenvolverá por cuestións organizativas. O coche de Diego Mayo, piloto falecido o pasado ano, formará parte tamén desta comitiva a modo de homenaxe.
O sábado comezará a competición que se dividirá en catro treitos. Víctor Senra parte como favorito aínda que hai varios participantes con posibilidade de arrebatarlle o título e truncar así a boa racha do piloto de Dumbría.











