Os mariscadores de Noia volverán ó traballo o luns con poucas expectativas

NOIA> A campaña marisqueira de Noia arrancará o próximo luns. As perspectivas non son boas aínda que si mellores que o pasado cando a actividade extractiva tivo que paralizarse 10 días despois do seu comezo, ante a escaseza de recurso.

Pouco marisco e pequeno. Con estas pesimistas expectativas afrontarán a volta o traballo os máis de mil cincocentos mariscadores da confraría de Noia que o próximo luns volverán faenar.

Aínda que as previsións non son boas, dende o sector agardan que non se repita a situación do pasado ano cando a campaña tivo que pechar apenas dúas semanas despois do seu inicio. Confían en que poida, polo menos, alongarse ata despois do Nadal.

A situación non é exclusiva da ría de Noia posto que o resto de Galicia están igual ou peor polo que dende Plademar volven insistir na necesidade dun plan de recuperación da produtividade a longo prazo.