A Xunta rehabilitará o retablo maior da igrexa de San Pedro de Lantaño, en Portas

PORTAS> A Xunta rehabilitará o retablo maior da igrexa de San Pedro de Lantaño, en Portas. O proxecto de restauración suporá un investimento de 62.000 euros. Trátase dunha vella demanda dos veciños da parroquia e tamén do Concello. Dende hai tempo veñen advertindo do deterioro que está a sufrir o retablo barroco, afectado por varias pragas.

No proceso de recuperación, tamén se van restaurar as imaxes de San Andrés, San Vicente, San Xosé, San Francisco, San Pedro, Santiago Peregrino e a Virxe da Apocalipse. Ao mesmo tempo, tentarase recuperar a policromia orixinal e se procederá á retirada de todos os elementos alleos á estrutura orixinal.

Os traballos van comezar xa nos vindeiros días coa desmontaxe e revisión do retablo. A previsión é que está restauración se prolongue durante os vindeiros seis meses, polo que se todo vai segundo o agardado debería estar rematado para o San Pedro, patrón da parroquia que se celebra a finais de xuño.