A Asociación de Empresarios de Ribeira repartiu 5.000 euros en vales de compra

RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira entregou os premios da súa campaña de Nadal. Foron en total cinco mil euros repartidos en vales de entre 300 e 50 euros a consumir no comercio e na hostalería de Ribeira.

Os afortunados premiados da campaña de Nadal de Ribeira recollían esta mañá os vales de compra cos que resultaron agasallados. Foron en total tres premios de 300 euros, seis de 250, dez de 100 e 32 de 50, por valor de 5000 mil euros a gastar no comercio e na hostalería local.

Dende o concello destacaron o importante labor que realiza a patronal con este tipo de campañas. Na de Nadal repartíronse 1200 rifas e esgotáronse os tickets de parquin que os asociados poñer a disposición dos seus clientes para disponer de estacionamento gratuíto mentres realizan as súas compras.

Dende a asociación informaron que aínda faltan premiados por aparecer. dispoñen ata o 31 de xaneiro ás tres para presentar os seus boletos na sede da patronal.