RIBEIRA> O concello de Ribeira avanza na súa aposta polas enerxías renovables coa instalación de paneis solares en novos edificios públicos. Investirá máis de 40 mil euros para dotar destas fontes de subministro eléctrico á oficina de turismo, o centro de raqueta e a sede da policía local.
Reducir a pegada de carbono pero tamén o gasto enerxético para as arcas municipais. estes son os obxectivos do concello de Ribeira que segue a instalar paneis solares en diversas instalacións públicas. Desta volta, destinarán 44 mil euros para dotar destes equipamentos á oficina de Turismo, a comisaría da Policía Local e o centro de deportes de raqueta de Coroso.
Estas tres instalacións véñense sumar a outros edificios públicos que xa contan con paneis solares como o auditorio, a casa do concello, a unidade de condutas aditivas ou o polideportivo da Fieteira, onde xa se reduciu considerablemente o gasto en enerxía.
A intención do executivo é dotar de placas de enerxía solar a tódolos edificios públicos do municipio.











