A Gladiator Race chega a Rianxo

RIANXO> Organizada pola firma Nokao, co apoio de banco Mediolanum, e a colaboración do Concello, este vindeiro sábado 18 de outubro vai ter lugar en Rianxo a Gladiator Kids. Trátase dunha carreira de obstáculos para nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Haberá varias distancias e probas dependendo das idades dos participantes, aínda que non terá un carácter competitivo e o que se busca é máis promover o deporte en familia.

A proba, que xa percorreu anteriormente numerosas localidades galegas, terá ademais un carácter solidario, xa que todo o recadado coas inscricións será destinado a Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

Dende Asanog agradeceron o xesto.

As inscricións poden realizarase en www.gladiatorraceoficial.com ou en www.deporticket.com